O Torneo 30 aniversario Club Voleibol Pontevedra reúne ó mellor volei infantil

114

Arredor de 200 xogadores de todas as idades, catorce equipos competindo – dous xuvenís, dous de cadetes, dous infantís, tres alevíns, catro benxamines e un senior- e trinta anos de historia. Razóns de abondo para que o Club Voleibol Pontevedra organice eventos para celebrar as súas tres décadas de vida.

O sábado, 26 de decembro, reunirán aos mellores equipos da 1ª División Infantil nunha xornada deportiva na que amosarán que Pontevedra tamén é “unha potencia” nesta disciplina.

A cita do Torneo 30 aniversario Club Voleibol Pontevedra é no Pavillón Multiusos da Xunqueira , a partir das 10 horas. Todos os equipos xogarán catro partidos, Na cancha estarán o Mel-Fro Emevé, XAV Cambados, Calasancias Coruña, Fontán Álvarez Xuvenil e CVP Gómez Lor Multiópticas.