A 32º Carreira San Silvestre incorpora a patinaxe como disciplina non competitiva

110

A 32a Carreira Pedestre San Silvestre de Pontevedra chega este ano con importantes novidades e cunha carga de solidariedade a ter en conta. A cita que enche a cidade de deportistas de todas as idades e condicións ocupará o centro urbano o 31 de decembro, ás 17 horas. Un percorrido de 3.940 metros pechado ao tráfico acollerá aos miles de corredores que se sumen a proba, entre os que sempre hai grupos de amigos e familias enteiras que saen non a competir se non a gozar.

A día de hoxe son 3.086 os atletas inscritos, dos que 3.036 son corredores, 34 patinadores e 16 de marcha nórdica, categorías que terán circuítos distintos para non interferirse entre eles. A Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes (IMD), organizadores deste cita deportiva e lúdica, agardan acadar unha marca de participación xa que o prazo de inscrición –a través na www.sgpontevedra.com aínda está aberto. Pechará as 23.59 horas do 27 de decembro. Barállanse previsións de até 5.000 inscritos.

Os dorsales repartiransen a partir do día 28 na Casa da Luz até o mesmo día 31 e tamén, para os que non podan achegarse, na liña de saída, na avenida de Montero Ríos, das 15.30 ás 16.30 horas.

NOVIDADES.
– Inclusión, por vez primeira, do patinaxe como disciplina non competitiva.
– Recollida de alimentos a cargo de Redeaxuda (especialmente leite e aceite e todo tipo de produtos non perecedoiros).
-Inscrición na www.sgpontevedra.com
– Pódense inscribir persoas maiores e menores de idade.
– A participación é de balde, pero solicítase a colaboración voluntaria de 1 € por dorsal para sufragar os gastos.

Os organizadores do evento, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes (IMD), pídenlle aos participantes a súa colaboración para:

IMPORTANTE
– Non correr sin dorsal pola responsabilidade civil que conleva.
– Primeiro inscribirse e logo recoller o dorsal na Casa da Luz.
– Haberá premios para categoría de disfrace (individual e colectivo) pero para persoas que corran con dorsal).

– As persoas de Pontevedra (e comarca) que recollan os dorsais con anterioridade na Casa da Luz (porque se non as colas do último día serían interminábels).

Regulamento da San Silvestre 2015