As Danzas de Reis chegan á cidade con Trepia, Trébede e Os Muiños de Oliveira

60

As prazas Peregrina, Curros Enríquez e Méndez Núñez e a rúa Benito Corbal converteranse o próximo sábado, 26 de decembro, en escenarios nos que se poderá gozar das tradicionais Danzas de Reis, que estarán na cidade grazas a Asociación Cultural Trepia, e os grupos Trébede e Os Muiños de Oliveira.

As actuacións comezan ás 18.00 horas de xeito simultaneo nas prazas Peregrina e Curros Enríquez e na rúa Benito Corbal e os grupos irán rulando polos distintos espazos, encandeando exhibicións que rematarán arredor das 20.00 horas.

As Danzas de Reis son danzas cerimoniais e“brancas”, chamadas así pola vestimenta dos bailarines. En Pontevedra bailarán con castañolas, paos e arcos.

Son danzas moi estendidas polo sur da provincia, en comarcas como Condado-Paradante e chegan até o norte de Portugal.