O Torneo de Xadrez Ramón Escudeiro reúne a xogadores de 11 países

84

163 xogadores de once países, 7 grandes mestres internacionais, 7 mestres internacionais, 5 mestres da Federación Internacional e 2 candidatos a Mestres e a inscrición aínda non está pechada. Son cifras que falan da marca de participación xa acadada polo Torneo Internacional de Xadrez, Memorial Ramón Escudeiro Tilve, que terá lugar na cidade do 26 ao 30 de decembro. A cita deportiva está organizada pola Escola de Xadrez de Pontevedra.

Galicia, España, Portugal, Irlanda, Serbia, Israel, Argentina, Letonia, Sudáfrica, Perú, Cuba e Uruguai terán representantes no campionato.

O torneo será a nove partidas de 90 minutos máis 30 de incremento por xogada. Comezará as 18.00 horas do sábado 26 e a última ronda será as 16.00 horas do mércores 30 de decembro.

A sede oficial do torneo será o Hotel Galicia Palace e poderase seguir on line a través da web www.xadrezpontevedra.com En ela está tamén toda a información do evento.

O Torneo rende tamén homenaxe a quen lle da o nome co premio Ramón Escudeiro Tilve á mellor partida de ataque.