Bombeiros recollen mañá alimentos e xoguetes para Redeaxuda e Boavida

69

Os Bombeiros de Pontevedra organizan mañá unha nova xornada de portas abertas con motivo do Nadal para que a cidadanía coñeza o traballo deste equipo técnico municipal.

A entrada é de balde, pero a cambio os bombeiros solicitarán aos visitantes alimentos non perecedeiros ou xoguetes que enviarán ás entidades Redeaxuda e Boavida.

O parque estará aberto de 10.00 a 14.00 horas.