Melloras de mobilidade e accesibilidade en Campañó e Lourizán

83

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá dúas novas inversións no rural pontevedrés para estender o modelo urbano ao ámbito rural. Son proxectos de mobilidade e accesibilidade nos lugares de Sabarís (Campañó) e A Carballeira (Lourizán) que teñen un orzamento total de 468.292 euros.

Estas obras, priorizadas nos consellos parroquiais respectivos, supoñen a mellora das pavimentacións, sinalizacións horizontais e verticais, e implantación de elementos disuasorios da velocidade como os calmados de tráfico.