Prorrogada a subvención ao transporte público ao barrio de Monte Porreiro

68

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá a prórroga dos convenios coa empresa Autocares Rías Baixas, que cubre a ruta entre a estación de autobuses e o barrio de Monte Porreiro; así como a concesión da cafetería da praza da Liberdade.

No caso da ruta a Monte Porreiro, é unha subvención da liña con 0,50 céntimos entre as viaxes 12 e 80, até completar unha subvención máxima de 86.489 euros.

Na praza da Liberdade, a prórroga da concesión é por un ano máis (amplíanse ano a ano até un prazo máximo de dez anos).