Revisado o canon da auga á empresa concesionaria entre os anos 2012-2014

73

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a revisión do canon da auga que o Concello paga á empresa concesionaria, Viaqua, segundo a fórmula polinómica fixada no contrato con esta empresa. É a revisión correspondente aos anos 2012-2013-2014, o que supón un custe total de 876.283,97 euros.

Este incremento é tan substancial debido, sobre todo, ao incremento da enerxía nestes anos.

A viceportavoz do Goberno, Anabel Gulías indicou que este pago á concesionaria non suporá un incremento do recibo da auga aos veciños de Pontevedra.

a.