A Casazul énchese dos agasallos dos 432 cómplices dos Reis Magos

118

A Casazul está a recibir nesta semana todos os agasallos do programa En(volve) que puxo en marcha a Concellaría de Benestar Social Municipal para que ningún rapaz do concello quede estes Reis Magos sen regalo. O programa tivo moito eco entre os pontevedreses xa que ademais de todos os complices dos Reis Magos con carta asignada quedaron en reserva varias persoas.

O programa pechouse coa recepción de 432 cartas de nenos e nenas, para os que se asignaron outros tantos cómplices. O número total de cómplices foi de 450.

Os cómplices poden entregar os seus agasallos de 10 a 14 horas e de 17.30 a 20.30 horas na Casazul.