Apúrate a recoller os dorsais da San Silvestre máis múltitudinaria da historia de Pontevedra

86

A organización da carreira pedestre San Silvestre, que se celebrará mañá pola tarde polas rúas da cidade, pide a todos os participantes que acudan na xornada de hoxe –pola tarde- e mañá pola mañá a recoller os seus dorsais á Casa da Luz, para evitar aglomeracións de última hora.

A 32ª Carreira Pedestre San Silvestre de Pontevedra chega este ano con importantes novidades e cunha carga de solidariedade a ter en conta. A cita que enche a cidade de deportistas de todas as idades e condicións ocupará o centro urbano o 31 de decembro, ás 17 horas. Un percorrido de 3.940 metros pechado ao tráfico acollerá aos milleiros de corredores que se sumen a proba, entre os que sempre hai grupos de amigos e familias enteiras que saen non a competir se non a gozar.

NOVIDADES

  • Inclusión, por vez primeira, do patinaxe como disciplina non competitiva.
  • Recollida de alimentos a cargo de Redeaxuda (especialmente leite e aceite e todo tipo de produtos non perecedoiros).
  • A participación é de balde, pero solicítase a colaboración voluntaria de 1 € por dorsal para sufragar os gastos.

Os organizadores do evento, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes (IMD), pídenlle aos participantes a súa colaboración para:

  • Non correr sin dorsal pola responsabilidade civil que conleva.
  • Primeiro inscribirse e logo recoller o dorsal na Casa da Luz.
  • Haberá premios para categoría de disfrace (individual e colectivo pero para persoas que corran con dorsal).