O Concello presenta alegacións á prórroga de Ence, logo de personarse no expediente

111

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá unha Xunta de Goberno Local para aprobar a presentación das alegacións á prórroga extraordinaria solicitada por Ence.

O Concello de Pontevedra solicitara ante o Ministerio de Medio Ambiente personarse no expediente de prórroga solicitado por Ence, que foi aceptado e lle deron audiencia hai uns días.

Neste escrito, o Concello pide unha copia do expediente de solicitude de prórroga –dado que só está en Madrid- ou ben que o trasladen a Pontevedra para poder consultalo.

Por outro lado, xa presenta unha primeira batería de alegacións sobre esta prórroga, baseadas sobre todo na caducidade da concesión. O Concello sostén que a concesión está caducada –a decisión do Ministerio está recurrida nos tribunais- e polo tanto é inviable concederlle a prórroga.

Informe Ence Xunta de Goberno