XXII Torneo Cidade de Pontevedra do Arxil, esta fin de semana, na cidade

76

A cidade acolle esta fin de semana (2 e 3 de xaneiro) o XXII Torneo Cidade de Pontevedra organizado polo Club de Baloncesto Arxil, que xa se transformou nun clásico dentro da programación deportiva da cidade.

Na categoría senior participarán o CB Arxil –  Vagos, o sábado 2 de xaneiro, ás 19.30 horas no Pavillón Municipal; e o Vagos-C.B. Arxil, o domingo 3, ás 12.00 horas, no Pavillón do CGTD.

Na categoría base (Junior, Cadete, Infantil) os equipos participantes son: C.B. Arxil, San Joanense, Vagos, Carmelitas, Peixe Galego. Enfrontaránse nos pavillóns Municipal, Universitario e C.G.T.D.

Máis información www.arxil.es