o Goberno local aproba prórrogas de convenios e achegas por un millón de euros

79

 

 O Concello rematou o ano cunha Xunta de Goberno de importante contido económico xa que comprometen máis dun millón de euros.

Os acordos foron os seguintes: Estender até o 31 de decembro de 2106 o convenio de colaboración Concello-Deputación (o que estaba previsto no redactado inicial) e aprobar o pago da partida da anualidade 2015 (226.086 euros); aprobar o pago da parcela do monte do Taco adquirida a 13 propietarios e que permitirá pechar a actuación de creación dun novo espazo verde na cidade e de mellora ambiental e de accesibilidade e mobilidade do barrio (508.000 euros) ubicado arredor da Cofradía de Pescadores, entre a foz do río Gafos e a avenida de Marín.

A derradeira Xunta de Goberno do ano deu tamén luz verde ás prórrogas dos convenios de colaboración que mantén o Concello con varias institucións e organizacións sociais o que implica un desembolso global de máis de 270.000 euros.

Os convenios prorrogados até o 31 de decembro de 2016 son os seguintes e levan as seguintes achegas:

. Universidade de Vigo. 36.300 euros

. Asociación Alba. 13.000 euros
. Asociación Amizade. 2.000 euros
. Amencer-Aspace. 6.000 euros

. Rexurdir. 7.000 euros
. FANPA. 206.627 euros (comedores escolares e ludotecas)