Os Reis Magos chegan de mañá á cidade

196

Os Reis Magos chegarán o 5 de xaneiro de mañá á cidade co fin de ter todo listo para o reparto dos xoguetes e agasallos pola noite pero terán tempo para recibir aos nenos e nenas que queiran falar con eles. Será na recepción oficial prevista no Pazo de Mugartegui, ás 11 horas.

Quince minutos antes os Reis coa súa comitiva estará no Concello para saír cara o Pazo de Mugartegui percorrendo as seguintes rúas: Michelena, Peregrina, Paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Pedreira (Mugartegui).

Xa pola tarde estarán de novo na rúa, na Cabalgata de Reis que ten previsto comezar ás 18 horas cun novo percorrido obrigado polas obras da praza do Hospital que se están a executar en Loureiro Crespo.

O novo percorrido é: (punto de reunión e saída) rúa Teixoeira (entre 12 de Novembro e Eduardo Pondal), Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Michelena, Praza de España, Alameda e rúa Echegarai.

A Concellaría de Festas e a Policía Local elaboraron un dispostivo de tráfico con motivo da celebración da Cabalgata de Reis deste martes, 5 de xaneiro xa que implicará restriccións de tráfico dende as 17.00 horas até as 20.30 horas.

Percorrido da Cabalgata

Plano de percorrido da Cabaltaga de Reis 2016.