Os cómplices dos Reis Magos chegan a 437 nen@s e deixan 20.000 euros no comercio local

83

Dende a Oficina VOU (Voluntariado) dan unhas inmensas GRAZAS por facer posible que os Reis Magos cheguen esta noite a todos os fogares ao acadarse o obxectivo do programa (en) VOLVE de que ningún rapaz do concello quedase sen agasallo.

(en)Volve pechouse coa recepción de 437 cartas de nenos e nenas para os que se asignaron outros tantos cómplices máis outros 15 de emerxencia (cartas reasignadas), quedando unha treintena fóra. Os xoguetes e agasallos xa están no seu destino.

A Concellería de Benestar Social subliña a dose de solidariedade que hai detrás do xesto de ser cómplice, unha solidariedade que marca a forma de ser dos pontevedreses e pontevedresas.

O departamento municipal tamén subliña o feito de que o 99% dos xoguetes e agasallos entregados no programa (en)Volve foron adquiridos no comercio local amosando que a solidariedade reporta beneficios a tod@s. Estes agasallos deixaron arredor de 20.000 euros nos establecementos da cidade.