Propostas seis candidaturas para os premios Cidade de Pontevedra

136

Seis candidaturas, vencelladas ao deporte, a cultura e educación e a empresa, disputarán os premios Cidade de Pontevedra. Dúas delas na categoría de persoas físicas e catro na categoría de persoas xurídicas.

Os candidatos na categoría de persoa física son:

. Calros Solla Varela. Profesor, etnógrafo e escritor. Membro da Asociación Ecoloxista “Verbo Xido” e co fundador do Grupo de Estudos Etnográficos “Serpe Bichoca” e do Instituto Galego de Estudos Celtas (IGEC). A proposta é da Asociación Vaipolorío

Evaristo Portela Acuña. Ex ciclista profesional e director deportivo do Super Froiz dende 1987, un equipo de ciclismo afeccionado que hoxe é un referente no Estado. Proposto pola Aula de Educación Vial Pontevedra
.

Os candidatos na categoría de persoa xurídica son:

.Club de taekwondo Mace-Sport. Acumula éxitos deportivos dende 1991. Foi presentado pola Asociación Galega de Wallball e Paddeball (AGWP).

. Festa HQR! Nada en 2000 como unha festa do deporte base é xa cita referente na cidade. A candidatura foi presentada pola Federación de asociacións de veciños Teucro.

IES Luis Seoane. Un instituto de barrio con proxección internacional que fai bandeira da inclusión, a igualdade, o respecto á diversidade e a solidariedade. A proposta chega da man Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro e sa Asociación de Pais e Nais (ANPA) do instituto

. Espacio Arroelo. Un espazo de coworking no centro de Pontevedra. Proposta presentada polo Programa Colabora 15.

Apoios

Chegaron tamén os primeiros apoios a distintas candidaturas. A Asociación Cultural Santísimo Cristo del Consuelo de Lérez, a Federación de Asociacións de Veciños Boa Vila e o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra súmanse a proposta de Evaristo Portela.

Pola súa parte o Club de Piragüismo Verducido Pontillón, a AGWP, a Asociaición Micolóxica Brincabois, a Asociación Educativa Monte Saíñas dan o seu apoio a Mace-Sport.

HQR recibiu os apoios de Salvamento Acuático Pontevedra, o Club Voleibol Pontevedra, a Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra, Clube de Loita Pontevedra e o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.

O IES Luis Seoane conta cos apoios seguintes:  Asociación Provincial de Palilleiras A Fíeitiña, directora e comunidade educativa do CEP Marcos da Portela, FANPA Pontevedra, directora e equipo docente da EEI Fina Casalderrey, ANPA Os Campos da EEI Fina Casalderrey, ANPA O Miradoiro do CEP Marcos da Portela, Cantareiras Madia Leva, CIG ensino, Clube Tenis de Mesa de Monte Porreiro, Sociedade Deportiva de Monte Porreiro, Pontevedra Rugby Club, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente,
Asociación de Veciños O Castro de Mourente, coordinadora redPEA UNESCO; conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Asociación Pedagóxica Escola Viva; FETE-UGT Pontevedra; CC.OO Ensino e Mustapha El Abboubi en representación do Pobo Marroquí de Galicia.

O xurado reunirase a próxima semana para decidir quen recibirá os premios que levan o nome da cidade este ano. Forman parte do xurado, ademais dos representantes dos distintos grupos municipais, un representante elixido entre as asociación veciñais, outro entre as entidades culturais e un terceiro entre os medios de comunicación.

O xurado reunirase a próxima semana para decidir quen recibirá os premios que levan o nome da cidade este ano. Forman parte do xurado, ademais dos representantes dos distintos grupos municipais, un representante elixido entre as asociación veciñais, outro entre as entidades culturais e un terceiro entre os medios de comunicación.

A decisión do xurado ten que ser ratificada pola Corporación municipal. Un pleno de Honra, no Teatro Principal, é o escenario no que se entregan as distincións. Será o 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián, patrón de Pontevedra.