Activado o protocolo de frío pola alerta de chuvias e a falta de espazo nos albergues

95

A Concellaría de Benestar Social Municipal activou na xornada de hoxe o protocolo de frío. A Concellaría, a través de Redeaxuda, acordou activar este dispositivo ante as copiosas chuvias destes días e a previsión de días vindeiros, e por estar os albergues cheos.

            Dende esta noite, todas as persoas que se acheguen aos albergues da cidade e non atopen praza, poderán achegarse até o hostal co que o Concello mantén un convenio, achegando a súa coa correspondente credencial.

            A todas aquelas persoas que acorden manterse na rúa, recibirán roupa e obxectos axeitados para soportar estas inclemencias meteorolóxicas o mellor posible. Son sacos de durmir térmicos, roupa interior térmica e vasos térmicos. Este lote poden recollelo no albergue da cidade.

            Na actualidade a Policía Local ten contabilizadas arredor de 15 persoas que pernoctan na rúa –a contía fluctúa moito en función do momento do ano-. O Concello habilitou o hostal conveniado en 28 noites do ano ao activar o protocolo de frío. Nese tempo pasaron a durmir 18 persoas en 2015.