O Concello fará obras de emerxencia nos centros de ensino polas chuvias destes días

72

Estes días de intensas chuvias están a ocasionar danos de diversa consideración nos centros de ensino de Infantil e Primaria no concello. Por este motivo, a Concellaría de Educación cursou visita a moitos dos centros e atendeu todas as chamadas das direccións dos colexios para, a partir do luns, iniciar a reparación destes danos.

As reparacións que será preciso facer son limpeza de canalóns obturados, entradas de augas en tellados e fiestras, anegacións por subidas de nivel de ríos, entre outras…

Os Servizos Técnicos municipais están a valorar cada caso e as actuacións serán aprobadas o vindeiro luns polo procedemento de emerxencia para comezar a reparar os danos esa mesma mañá. O ritmo das actuacións será seguindo os criterios técnicos.