Rematado o Nadal retomaranse as obras urbanas

73

Rematado o Nadal retomaranse as obras urbanas paralizadas durante as vacacións. Se o tempo o permite a actividade volverá, o próximo luns, 11 de xaneiro, diante e nos arredores do Hospital Provincial onde se está a construír unha nova praza, no acceso a Monte Porreiro (rúa dos Campos) e na zona verde de Pasarón, aínda que a aquí as obras mantivéronse no período de Nadal agás dous días.

A nova praza do Hospital e a remodelación da zona traerá tamén a mellora da accesibilidade das ambulancias ás prazas de Urxencias. Despois de falar cos responsábeis técnicos do Sergas, acordouse pintar unha zona na que se vai a prohiibir o estacionamento para que os vehículos sanitarios podan entrar e saír e facer manobras sen problemas.

Por outra banda Viacqua acometerá obras para instalación de canalizacións de auga na rúa Andrés Muruais. Unha actuación que foi aparcada durante o Nadal a petición dos comerciantes da rúa.

Luís Bará indicou tamén que se fará unha avaliación do estado das rúas e espazos públicos cando rematen as choivas e temporais para facer as obras de mantemento e reposición que sexan precisas.

Ademais destas actuación máis inmediatas, o Concello de Pontevedra ten previsto iniciar traballos e obras en distintos puntos da cidade, tanto na mellora dos xardíns e espazos públicos, como realizando pavimentacións de rúas, segundo engadiu o concelleiro Luís Bará.

No calendario de obras están previstas as seguintes actuacións:

•! Arranxar as beirarrúas e os xardíns da avenida da Estación –xunto a tenda de Xaime Trigo- cun orzamento de 60.444,18 euros. Foi un espazo que quedou pendente de intervención, logo da inauguración da avenida Josefina Arruti.

•! Retirada de moreiras no primeiro tramo da rúa Fernando II, e substitución por outras árbores que non cause molestias aos veciños. Ao parecer, estas especies teñen un insecto que fai que non se poda ir baixo estas árbores.

•! Melloras no arborado urbano coa retirada de árbores secas, en mal estado, enfermas… en zonas como Xoán Carlos I, Valdecorvos, Eduardo Pondal, Teixoeira, Salgueiriños, praza da Música… Son unhas 50 árbores en diferentes zonas da cidade. Tamén se repararán alcorques. Esta actuación farase a cargo da empresa concesionaria de xardíns así como da empresa encargada de facer as reparacións urbanas.

•! Pavimentacións en zonas do Campo do Boi, praza de Europa, avenida de Bos Aires, Alexandre Bóveda… Estas pavimentacións dependerán da climatoloxía.

•! Completar a actuación da senda cara a praia fluvial coa mellora da beirarrúa, que na actualidade está en mal estado e a diferentes niveis. O orzamento desta actuación será de 28.000 euros. 
O concelleiro de obras urbanas e de xardíns,