Unha gala e dous campionatos reúne ao mellor do tenis galego na cidade

78

O mellor tenis galego dáse cita na cidade esta fin de semana con dous eventos –Máster Rexional e Campionato Galego de Tenis Cadeira- e unha gala deportiva. As citas están organizadas pola Federación Galega de Tenis e o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e contan coa colaboración do Concello.

Mañá sábado, ás 19.00 horas, celebrarase no Pazo da Cultura a XXVII Gala do Tenis Galego na que se premiarán aos deportistas máis relevantes do ano nas distintas categorías. Entre os premiados está o equipo do Mercantil, campión galego absoluto da División de Prata e varios dos seus atletas como Luís Morillo, campión galego júnior), Miguel Lapido (campión galego de máis de 40 anos) e Pablo Casal (campión de dobres junior).

Por outra banda, o Máster Rexional de Tenis reúne aos 16 mellores xogadores galegos en tanto que o Campionato Galego de Tenis Cadeira trae aos cinco mellores da comunidade. Celébranse nas instalacións deportivas do Mercantil en Mourente, que están abertas para todo o mundo.