O Concello incluirá cláusulas sociais nos seus contratos

86

Un paso adiante cara a inclusión. A Xunta de Goberno manda a introdución de cláusulas sociais nos contratos do Concello de Pontevedra, sempre que sexa posíbel.

A partir de agora os servizos técnicos municipais avaliarán a posibilidade de incluír estas cláusulas nas contratacións e definirán en que senso se fan. En caso de que conclúan que non é posíbel incluílas deberán explicar as razóns.

“Serán os servizos técnicos os que teñen que dicir o OK a esa posibilidade” explicou a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Fouces, quen subliña que xa se está traballando neste camiño. Por exemplo o novo contrato para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) inclúe cláusulas socias pero o obxectivo e que sexa unha práctica xeralizada.

A Xunta de Goberno deu tamén luz verde a convocatoria dun procedemento polo vía de urxencia para a contratación dos arranxos dos danos causados polos temporais de choiva e ventos dos últimos días en colexios e edificios comunitarios e municipais.

Unha vez avaliado o alcance dos danos, comezarán as obras, entre outros, nos colexios Álvarez Limeses, Froebel, Santo André de Xeve, Parada-Campañó e Campolongo; na ludoteca Marcos da Portela, na Casa Cultural de Santo André de Xeve e na de Ponte Sampaio; na biblioteca do Centro Cultural de Monte Porreiro, no Teatro Principal e no edificio Churruchaos.

Bo día. Gabinete de comunicación