Continúa aberto o prazo para solicitar axudas aos ARIs de Estribela e do Centro Histórico

87

O vindeiro día 20 de xaneiro concluirá o prazo para a presentación de proxectos que concurren ás axudas das áreas de rehabilitación integral (ARIs) de Estribela e do centro histórico da cidade. Até o de agora a Oficina de Rehabilitación do Concello de Pontevedra ten recibido varias solicitudes, pero lembra que o prazo continúa aberto para todos os propietarios que queiran rehabilitar as súas vivendas ou edificios.

            As axudas, xestionadas polo Concello de Pontevedra pero concedidas polo Ministerio de Fomento, permitirá realizar 58 actuacións en Estribela por un montante total de 76.744,05 euros; e 100 actuacións no Centro Histórico por valor de 503.036,86 euros.

            Os proxectos que concurran a estas axudas recibirán o 35% do custe da obra e dos honorarios dos técnicos (sen IVE), até un máximo de 11.000 euros por vivenda.

            Con estas axudas poderanse acometer calquera tipo de rehabilitación da vivenda ou dos edificios (agás acabados e decoración). Entran nestes proxectos obras de adaptación á normativa; eficiencia enerxética, espazos comúns dos edificios…

            As persoas interesadas en solicitar estas axudas poderán dirixirse á Oficina de rehabilitación do Concello de Pontevedra, situada na Rúa Don Filiberto (Lateral do Teatro Principal), en horario de 08.30 a 14.30 horas. Tamén no teléfono 986 804 335, ou no enderezo electrónico otrehabilitacion@pontevedra.eu.

            Tamén poden consultar toda a información en: Oficina Técnica de Rehabilitación.