Pontevedra participa no Foro das Cidades da Universidade Complutense de Madrid

87

Pontevedra participou hoxe como invitada no Congreso de Cidades Creativas organizado pola Universidade Complutense de Madrid, no que presentoo e abriu ao debate o seu modelo urbano e os seus logros en materia de sustentabilidade, sociais e ambientais.

Antón Prieto, responsábel de Comunicación do Concello de Pontevedra compartiu o Foro das Cidades coa alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado; con Florentino Terrade, axente de Desenvolvemento Local e responsábel da Cidade Creativa da Unesco, Dénia; Álvaro García Perez, presidente do Clube Unesco de Osuna e Pedro Alves Barbosa, da Universidade Católica de Lisboa e representante do vindeiro Congreso das Cidades Creativas de Porto.

Cada un dos integrantes do Foro dispuxo dun máximo de 15 minutos para presentar os aspectos máis destacados das cidades que representan. Antón Prieto explicou as actuacións e parámetros que fixeron a Pontevedra merecedora de distintos premios estatais e internacionais e que a converteron nun referente de calidade urbana.

Despois de facer unha pequena descrición da Cidade que tiñamos e da Cidade que queríamos, falou da reforma urbana, da política de mobilidade e de outras liñas como a posta en valor da contorna natural, da non deslocalización comercial (veto ás grandes superficies no municipio) ou do coidado do espazo público, o patrimonio de todos.

Por último o responsábel de Comunicación do Concello rematou a súa intervención falando dos logros de Pontevedra en materia de mobilidade natural, seguridade viaria, redución da contaminación ou mobilidade infantil.

O congreso de Cidades Creativas altérnanse bianualmente entre as universidades Complutense de Madrid e Católica de Lisboa e particpan del centros de Estudos superiores e investigación.