O Concello pídelle ás federacións veciñais achegas para o novo regulamento de participación cidadá

70

Presentarlles o informe elaborado pola Secretaría do Pleno sobre a reforma do Regulamento de Participación Cidadá do ano 1999, aínda que xa se remitira por correo electrónico. Con este fin o concelleiro de Réxime Interior, Participación, Persoal e Xustiza, Vicente García Legísima, reuniuse cos representantes das tres federacións de asociacións de veciños que hai na cidade – Castelao, Teucro e Boa Vila- dando así cumprimento ao compromiso adquirido no pasado mes de xullo de solicitar un informe técnico, a petición deles, respecto á vixencia do regulamento existente e as posibilidades de inclusión de novas fórmulas e metodoloxías de participación da acordo co novo marco normativo.

Os presidentes das tres organizacións veciñais acudiron ao encontro: Juan Loureiro, de Castelao; Miguel Vilacoba, de Teucro e Mari Luz Fernández, de Boa Vila.

Vicente García Legísima avaliou cos portavoces sociais a situación da interlocución cidadá no concello e o proceso aberto para actualizar e mellorar o marco normativo de participación. O concelleiro deulles un prazo de tres semanas a un mes para que Castelao, Teucro e Boa Vila fagan achegas e comprometeuse a presentarlles o borrador do futuro regulamento.

O concelleiro de Réxime Interior reunirase a próxima semana cos grupos municipais para avanzar na elaboración da reforma ou na nova redacción do regulamento de participación cidadá. Neste encontro tratarase de establecer un método e un calendario de traballo co fin de consensuar o máis posíbel o regulamento participativo. Eles recibiron o informe da Secretaría do Pleno na última reunión da Comisión de Réxime Interior, Participación e Xustiza, foro no que se abordará todo o relacionado co tema por parte do Goberno municipal