Veciños e Concello dan luz verde á instalación de pantallas acústicas en Médico Ballina

74

O Concello de Pontevedra mantivo esta tarde un encontro con veciños da rúa Médico Ballina para presentarlles o proxecto de pantallas acústicas que Adif instalará na saída do túnel do tren neste punto do trazado do Eixo Atlántico. Trátase dunha petición dos veciños e dun compromiso do Goberno Local de tratar de reducir o ruído do tren ao seu paso por este punto da cidade, xa que neste ámbito están localizadas cinco vivendas.

Os técnicos municipais recibiron o proxecto por parte da concesionaria das obras do tren do Eixo Atlántico, e antes de darlle a aprobación definitiva por parte dos técnicos municipais, os concelleiros Luís Bará e Pilar Comesaña quixeron presentarllo aos veciños para coñecer as súas impresións.

Todos acordaron continuar co proxecto, así que os técnicos municipais decidirán sobre o seu contido para poder iniciar os traballos no prazo dun mes, aproximadamente. As obras realizaranse de noite, xa que se pretende alternar o mínimo o tráfico ferroviario.

O proxecto consistirá na instalación de pantallas antirruído nunha superfice duns 80 metros lineais.