A xira de promoción do Cocido de Lalín chega á cidade e atopa no alcalde Lores un aliado

85

A xira de promoción do Cocido de Lalín chegou a Pontevedra, onde o alcalde da vila, Rafael Cuíña, atopou en Miguel Fernández Lores un aliado. Se para o pontevedrés é, por definición, a “festa (gastronómica) nacional do país” para o de Lalín é “a comida do pobo” e así reivindícaa.

Atrás quedan os grandes fastos e a tinguidura rosa dos últimos anos dun evento que pasa a ser na sua XLVIII o Mes do Cocido, cheo de citas gastronómicas, promocionais e solidarias e que procura a proxección turística e comercial da vila. “Queremos recuperar a súa esencia” subliñou Rafael Cuíña.

Un camión promocional, instalado na Praza de España, repartiu 200 racións de cocido amosando que a súa sona está xustificada e para convidar a todos a ir a Lalín a gozar da festa e tamén dunha vila, en pleno proceso de peanolización, que mira cara a Pontevedra como referente de cidade que coida das persoas.

A festa gastronómica lalinense arrancou o pasado 15 de xaneiro e estenderase até o 14 de de febreiro, de acordo co seu lema “De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín”. O día grande será o 31 de xaneiro.

Dossier Cocido