O Concello construirá 20 novos nichos no Cemiterio Municipal de Lourizán

72

Neste primeiro trimestre do ano o Cemiterio Municipal de Lourizán acollerá as obras de construción de 20 novos nichos. A Concellaría responsábel do Servizo de Cemiterios quere dar resposta a esta vella petición dos veciños da parroquia, a máis poboada de Pontevedra e na que máis pasamentos se rexistran.

Carmen Fouces, responsábel do servizo, entende que neste trimestre estarán listos os trámites de adxudicación e poderán iniciarse os traballos.

Aínda que hai nichos libres no Cemiterio Municipal de San Amaro, a Concellaría responsábel do servizo entende que é preciso atender peticións deste tipo en relación aos camposantos, para aliviar e tranquilizar a todos os veciños nestes transos.

Obras en San Amaro

A Concellaría tamén iniciará en breve actuacións no Cemiterio Municipal de San Amaro para incrementar os depósitos de cinzas, dado que se está incrementando a demanda.