Volven os zafarranchos cunha limpeza xeral na rúa da Tablada

47

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, retoma co inicio do ano os zafarranchos de limpeza en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión limparase a rúa da Tablada.

O zafarrancho será xoves, 21 de xaneiro, e dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición será efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.