O mantemento anual dos colexios públicos sairá a contratación por 200.000 euros

83

A Concellaría de Educación deu orde para a redacción duns pregos para a contratación anual dunha empresa que se encargue do mantemento dos centros escolares municipais (de Infantil e Primaria, única competencia municipal).

Esta contratación sería por 200.000 euros anuais e tería por obxecto asumir as obras e reparacións de mantemento que se realizan nos centros escolares do concello durante o curso escolar. Non entraría neste contrato a realización de obra nova, xa que existe unha lexislación estatal que impide aos concellos realizar obra nova nos colexios. Han de limitarse ao mantemento.

Dende a Concellaría enténdese que é prioritario facer este contrato para regularizar e sistematizar todos os labores habituais que se fan nestes centros públicos.