Pontevedra acollerá en xuño o I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia

94

A cidade de Pontevedra acollerá os vindeiros 16 e 17 de xuño o I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia que se celebrará na Facultade de Ciencias Sociais. Este congreso está organizado polo IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) que este 2016 celebra o seu 25 aniversario, e o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo.

Os organizadores aínda traballan no programa do congreso, pero ten por obxectivo facer unha plataforma de debate e de diálogo para os interesados nos estudos internacionais.

O congreso organizarase en catro sesións temáticas: institucional, económico-empresarial, social e educativo-cultural.

Para máis información:

            https://www.igadi.org/web/noticias/convocatoria-do-i-congreso-de-estudos-internacionais-de-galicia