O público infantil continúa a ser unha prioridade na programación do Pazo da Cultura de cara ao 2016

31

Hai apenas unhas semanas que o 2016 botou a andar, e xa son varias a actividades infantís que se están a levar a cabo e programándose nestes días.

O máis que consolidado ciclo Domingos do Principal, que chega á súa edición nº 17, iniciaba a súa andadura o pasado domingo 17 con “A comer!”, de Peus de Porc. Un espectáculo de teatro de actor monicreques, gañador do Premio Fetén 2015, que dará paso a 6 espectáculos máis.  Todos eles con representación dobre ás 12:00 e ás 18:30 horas e algún, ata con pase triple, xa que no caso do deste próximo domingo, “Jim e a Illa do Tesouro” de Emedous, “Pinocchio, figlio de Gepetto” de la Baldufa e “Luppo” de Baobab, contarán cun terceiro pase concertado con escolares ao día seguinte da súa posta en escena para público en xeral. Como ven sendo habitual, a resposta do público tanto familiar coma concertado, está a ser un éxito e tanto pais/nais coma profesorado, agradecen esta posibilidade de achegar aos máis pequenos ás artes escénicas.

Nesta mesma liña, vai a proposta de Fundación La Caixa para os días 2 e 3 de marzo: a ópera para escolares “Guillermo Tell”.  Dúas funcións dobres ás 10 e 12 horas en aforo concertado con centros de educación primaria, das que gozarán máis de 2500 nenos/as de entre 6 e 12 anos. Da man da recoñecida compañía La Baldufa, que forma parte tamén das compañías dos Domingos do Principal, 4 cantantes, 3 músicos e 2 cómicos, este xénero que se asocia ao público adulto, fará as delicias dos pequenos/as.

A unidade didáctica asociada ao espectáculo, será presentada ao profesorado por unha pedagoga o vindeiro luns 25 de xaneiro ás 17:30h no seminario 3 do Pazo, facilitando que poidan traballar co alumnado asistente de forma previa.

Do mesmo xeito, deu comezo o segundo cuadrimestre das actividades de MiniPazo Club nas que preto de 300 nenos e nenas, de entre 4 e 16 anos, dende o mes de outubro, fomentan as súas capacidades a través de diferentes obradoiros: ‘Experimenta’, de arte e cultura visual, ‘A procura do tesouro’ de expresión dramática, ‘RockLab’, de música, adaptado ás diferentes idades e ‘A hora do conto’, de fomento da lectura en galego.

O 2º trimestre empezará ben forte no que a programación infatil se refire, xa que entre o 1 e o 23 de abril, terá lugar o XVII Salón do Libro que aglutinará centos de actividades entorno ao lema “Canta Bichería!”. Os centros escolares colaboradores xa estáns mans á obra preparando as súas maquetas e libros para exponer na Sala, moitos solicitaron xa a visita á mesma e agardan que póximamente, se dea a coñecer a programación concertada, e para público en xeral, na que hai tempo se traballa dende a xerencia do Pazo da Cultura.