Xa está aquí a Sétima Feira!

169

A rúa Serra acollerá todos os segundos sábados de mes (entre as 11.00 e as 15.00 horas) a Sétima Feira. É unha iniciativa promovida pola Concellaría de Promoción da Cidade cun dobre obxectivo a creación dun espazo de mercado para os novos creadores de arte e moda nos que participen directamente estudantes da Facultade de Belas Artes así como comercios alternativos da cidade; e contribuír á rehabilitación do ámbito do mercado de abastos.

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías explicou que esta Feira irá complementada con animación de rúa así como con actividades para nenos. Esta iniciativa levará aparellada unha oficina técnica que estará nun local municipal da rúa Serra onde se poderán inscribir as persoas interesadas e será un espazo de asesoramento para os participantes. Esta oficina estará aberta dende o vindeiro mércores, 27 de xaneiro, aínda que a primeira feira será o vindeiro 17 de febreiro.

En principio, o mercado está pensado para 15 postos, aínda que se a demanda é moita serán renovados en cada edición.

Anabel Gulías amosou a súa esperanza en que este mercado se converta nun referente de nova creación.

Para máis información:

https://www.pontevedra.gal/areas/promocion-economica/setima-feira/