O Concello recibe 21 proxectos de rehabilitación de vivendas nos dous ARIs solicitados

48

O Concello de Pontevedra pechou o pasado día 20 o prazo para a presentación de solicitudes para as axudas á rehabilitación de vivendas e edificios tanto no centro histórico da cidade como no ámbito de rehabilitación do barrio de Estribela, na parroquia de Lourizán.

A Oficina Técnica de Rehabilitación recibiu nesta primeira convocatoria pública 21 solicitudes: 16 correspondentes ao centro histórico de Pontevedra e 5 a Estribela. Aínda que sen que os técnicos entrasen a estudar cada proxecto e ver se cumpren as condicións para optar a unha axuda, a priori, estímase que o custe do centro histórico será de 200.000 euros e en Estribela de 18.000 euros.

A Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello estima que a finais do mes de febreiro poderase abrir unha nova convocatoria de axudas para ambos ARIs. Logo de recibir os proxectos, os técnicos municipais estudiarannos, verán se cumpren todos os seus requisitos, convocarán a comisión de valoración e os aprobados pasarán á Xunta de Goberno Local, para ser remitidos á Xunta de Galicia para a súa cualificación.