Reforma do colector de saneamento de Santa Ana, na parroquia de Lourizán

58

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as obras de reparación do colector de saneamento de Santa Ana, no barrio de Estribela, xa que presenta perdas e verquidos. A obra farase a cargo do convenio de melloras que a empresa Viaqua ten co Concello de Pontevedra. Terá un custe de 30.076 euros e consistirá no recubrimento interno da tubaxe para evitar perdas. Este sistema implicará que non hai que facer obra para levantar os tubos.

Comunicacións electrónicas do Concello

A Xunta de Goberno Local, por outro lado, aprobou esta mañá a contratación da empresa Xolido Sistem S.A. as comunicacións electrónicas do Concello (derivadas da sede electrónica que entrará en funcionamento en breve).

Por outro lado, o Concello acordou presentarse no proceso xudicial aberto pola Plataforma en defensa do medio ambiente e contra a instalación dunha planta de tratamento de residuos en A Canicouva, ao non prosperar o recurso de resposición que puxeran contra a aprobación do prego de condicións para o alugueiro ou cesión onerosa dos terreos para a construción dunha planta de compostaxe.

Prórroga dos contratos de seguros

A Xunta de Goberno tamén acordou prorrogar até o mes de abril os contratos de seguros que ten o Concello, mentres se elaboran os pregos para sacar a contratación de novo estes contratos de seguros. Son os seguintes coas súas correspondentes contías:

  • Vehículos: 20.595 euros
  • Accidentes: 3.402 euros
  • Responsabilidade Civil: 36.596 euros
  • Bens: 6.432 euros