Noites Abertas oferta 132 actividades aos moz@s dende o 29 de xaneiro

189

132 actividades, 26 xornadas con máis de 300sesións en 18 espazos e o aire libre e 175 monitores e monitoras e unha equipa de 19 persoas, entre elas 7 de coordinación. Son cifras que amosan o alcance da programación de ocio xuvenil Noites Abertas que este ano chega a súa XVII edición.

Os obradoiros e actividades de Noites Abertas desenvolveranse todos os venres e sábados dende o próximo 29 de xaneiro até o 30 de abril e faranse en 18 espazos diferentes, principalmente nas instalacións do CEIP Froebel, Casa Azul, Pavillón Multiusos. Tamén haberá saídas a rúa, ós ríos, gastronómicas e ao cemiterio.

Deporte, danza, xogos tradicionais, traballos artesáns… e actividades non clasificábeis como Quiddich Maggie, adestramento de cans ou obradoiros de sexualidade teñen cabida nas Noites Abertas.

Co fin de anunciar que xa están aí e dar a coñecer a programación, o Ibuprofeno Teatro fará nos próximos días animación na rúa e achegarase aos institutos e o campus. A oferta de lecer xuvenil vai dirixida a mozos e mozas dende os 12 aos 30 anos

A XVII edición de Noites Abertas introduce unha importante novidade, subliñou o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, unha Comisión de Igualdade, formada por seis persoas. Por unha banda esta equipa –xurdida do programa Pisando Forte- impartirá un curso de sensibilización para que os monitores e monitoras de Noites Abertas teñan ferramentas para combater o sexismo e por outra banda farán unha análise e seguimento do desenvolvemento do programa para detectar calquera manifestación de discriminación de xénero.

Noites Abertas “é o que fai a mocidade de Pontevedra”, sinala o concelleiro Demetrio Gómez quen lembra que as actividades organizadas xurden de suxestións feitas polas rapazas e rapaces. Das 132 actividades ofertadas nesta nova edición : 34 foron propostas de asociación; 37 de empresas, 20 de colectivos informais, 36 propostas individuais de mozos e mozas, 2 apuntadas dende a coordinación e 3 vencelladas ao XVII Salón do Libro.

desplegables Noites Abertas 2016 1601131158

anuncio