A Carreira Pedestre San Brais abre o CCCP-2016 cun novo percorrido para render homenaxe a Castealo

141

O Circuíto de Carreiras Pedestres Pontevedra (CCCP) 2016 arranca o próximo domingo 31 de xaneiro coa Carreira Pedestre San Brais, 6,5 quilómetros de percorrido pola parroquia de Salcedo que nesta ocasión, e como aportación ao Ano Castelao, vencellerá deporte e cultura. Unha simbiose que se traduce na inclusión no roteiro dun camiño no monte benquerido polo intelectual e político galeguista do que deixou constancia nos seus escritos.

Non é a única novidade da Carreira San Brais 201, unha cita deportiva organizada pola Asociación de Vecños de Salcedo-Norte, o Instituto Municipal de Deporte (IMD) e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra. As outras novidades son:

Saída e chegada da proba no soto do Centro Comercial Carrefour de Salcedo. Neste escenario desenvolveranse as carreiras das categorías de menos de 18 anos: Chupete (100 metros de percorrido), Pitufo/a (250 metros), Benxamín e Alevín (500), Infantil (800) e Cadete e Xuvenil (1.450 metros),
Os maiores de idade correrán polo circuíto exterior, os 6.500 metros, sen importar a categoría: Promesa, Senior e Veteranos/as.

– Recollida de dorsais no propio Carrefour durante o día anterior (de 16.30 até 20.30 horas) e o mesmo día (dende as 9.00 até a hora da proba)- Haberá un servizo de duchas no IES Torrente Ballester

– Os corredores/as terán una escolta ciclista dos membros do Club Ciclista Farto.

– Cambia o circuíto, incorpora 500 metros de terra, aumenta 500 metros e ten dous “portos de montaña” contundentes (a subida á Igrexa de Salcedo, e a subida ao Pavillón Deportivo de Cabanas-Salcedo).

Por outra banda tamén o CCCP 2016 no seu conxunto trae novidades:

– Cambios de datas de San Brais (pola proximidade co Antroido e coa festa da parroquia), de Monte Porreiro (por coincidencia coa data do Medio Maratón Vig-Bai, en Vigo) e de Campañó (por coincidencia coas festas parroquiais).

– Pódese pagar en efectivo a cota de inscrición.
– O alistamento de equipos que compitan no CCCP, promove a participación basicamente feminina.

– Varía a clasificación de equipos xa que se ten en conta a clasificación absoluta para consultar os puntos que sumen os equipos participantes.
– Os deportistas desclasificados en cada proba que formen parte dun equipo, penalizan para si mesmos e tamén penalizan para os seus equipos.

Regulamento da Carreira de San Brais 2016

Poster San Brais 2016