Limpeza xeral na praza de Barcelos e na rúa Rouco

73

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa coas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será na praza de Barcelos até a rúa do Rouco, ambos incluídos.

A limpeza xeral será xoves, 28 de xaneiro, e dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición será efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.