Abre a oficina técnica da Sétima Feira na rúa Serra

89

Está aberta, dende hoxe, a oficina técnica da Sétima Feira, no número 3 da rúa Serra, ao lado do que ten o CCU-Zona Monumental. Estará aberta ao público os mércores, xoves e venres, dende as 10.00 ás 13.00 horas. Nel poderanse inscribir as persoas interesadas e será un espazo de asesoramento para os participantes.

A Sétima Feira é unha iniciativa promovida pola Concellaría Económica e de Promoción da Cidade cun dobre obxectivo: a creación dun espazo de mercado para os novos creadores de arte e moda nos que participen directamente estudantes da Facultade de Belas Artes así como comercios alternativos locais e para contribuír á rehabilitación do ámbito do mercado de abastos.

A rúa Serra acollerá todos os segundos sábados de mes (entre as 11.00 e as 15.00 horas) a Sétima Feira a partir do próximo 17 de febreiro.

A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, sinala que esta Feira irá complementada con animación de rúa así como con actividades para nenos.

En principio, o mercado está pensado para 15 postos, aínda que se a demanda é moita serán renovados en cada edición.

Anabel Gulías amosa a súa esperanza en que este mercado se converta nun referente de nova creación.