Lores levará ó Pleno a loita das cofradías de Lourizán, Pontevedra e Raxó contra a Lei de Acuicultura

79

Os patróns maiores das cofradías de pescadores de Lourizán, María Carmen Vázquez Nores; de Pontevedra, César Rodríguez Piñeiro e de Raxó, Iago Tomé Blanco, reuníronse co alcalde Miguel Fernández Lores para pedirlle o seu apoio e o da Corporación municipal ao sector en forma dunha declaración institucional de rexeitamento do anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galiza e de petición á Xunta de retirada da norma.

As cofradías rexistraron a posíbel moción no Concello e o alcalde comprometeuse a levar o asunto ao próximo Pleno municipal e a darlle o seu apoio.

O anteproxecto de Lei de Acuicultura fíxose de costas ao sector quen ten manifestado a súa absoluta oposición e esixencia de retirada. Piden, subliñou a patroa maior de Lourizán, a retirada da lei e que o proceso comece de novo escoitando o que ten que dicir a xente do mar.

A Lei de Acuicultura supón de feito a privatización do mar e un atentado contra os intereses da xente do mar. Ao redor de 600 persoas viven da explotación fondo da ría: 300 adscritos á cofradía de Pontevedra; 175 á cofradía de Lourizán e 140 á de Raxó.

Peticion Mariscadoras