Policía Local e DXT colaboran para facer controis de drogas aos condutores

70

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e a xefa provincial de Tráfico, María Isabel Alonso, asinaron un protocolo de colaboración para a realización de controis de drogas nas vías urbanas. A DXT subministrará á Policía Local o material e dispositivos específicos para as probas e eles comprométense a facer como mínimo o dobre de probas anuais que o número de kits entregados. Ademáis redactarán informes trimestrais para ter datos da incidencia e da evolución dos positivos detectados.

Pontevedra convértese no primeiro concello da provincia en asinar un protocolo destas características. É un paso máis na loita da Concellería de Seguridade Cidadá e a Policía Local contra prácticas de condución de risco ou delituosas, entre as que están o consumo de alcohol, drogas e psicofármacos.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, agarda que as campañas de controis de drogas acaden acaden o éxito das desenvolvidas contra o consumo de alcohol ao volante. No último ano os positivos detectados nos controles de alcoholemia na cidade supuxeron o 0,89% do total, por debaixo do obxectivo do 1% marcado pola UE para o ano 2020.

A xefa provincial de Tráfico lembra que o último balance do Instituto Nacional de Toxicoloxía, do 2014, recollía un 39% de positivos entre os condutores sometidos a controis de alcohol e drogas, e deles o 34% deran positivos en drogas de abuso. A cocaína, no 50% dos casos, e o cannabis, no 46% foron as drogas máis consumidas.

A Tolerancia 0 é o obxectivo.

Protocolo Tráfico