Pendurada unha pancarta no Concello coa frase Ence fóra da ría para sempre

171

Unha pancarta pendurada no balcón da Casa Consistorial deixas as claras á postura do Concello de Pontevedra respecto a prórroga de 60 anos outorgada polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy a Ence. Na pancarta, que dende hoxe preside a praza do Concello, pode lerse: Ence fóra da ría, para sempre”.

“E unha demostración de que o Concello de Pontevedra, que as forzas políticas da Corporación maioritariamente, temos unha postura moi clara respecto a necesidade de recuperar a ría para o futuro dos pontevedreses e de todos os habitantes dos concellos da bisbarra” subliña o alcalde Miguel Fernández Lores que xunto con representantes políticos, veciñais, sociais e ecoloxistas participou no penduramento da pancarta

O alcalde fixo un chamamento a mobilización social e a participación na manifestación contra a permanencia da pasteira en Lourizán que partirá mañá, venres ás 20.30 da praza da Ferrería, convocada pola Plataforma cidadá Ence Fóra.