A Corrida da Rosca e os choqueiros mergullan a Campañó no seu entroido tradicional

72

Unha rosca de pan con ovos e chourizos, unha larpeirada que no seu tempo compartíase ao tempo que mataba a fame. É obxectivo a acadar polos participantes –vestidos de choqueiros- na Gran Corrida da Rosca coa que a parroquia de Campañó regresa o seu entroido máis tradicional, sobre o que hai novas até o ano 1918. A cita será o sábado 13 de febreiro no lugar de Cabaleiro.

É o segundo ano na que se celebra a carreira que foi recuperada pola Asociación Cultural e Deportiva de Campañó con modificacións para garantir á participación de xente de todas as idade e está organizada ao igual que toda a programación do entroido coa ANPA San Pedro do Colexio de Campañó e co apoio do Concello de Pontevedra.

A Gran Corrida da Rosca estará dividida en cinco probas ou categorías: para rapaces e rapazas de 3 a 5años; de 6 a 8; de 9 a 11; de 1 2 a 14 ede 15 a 100 anos.

O mesmo día 13 ao remate da carreira da rosca haberá unha merenda para todos e pola noite, a partir das 23.30 horas un balie-concurso de disfraces.

Campañó comezará o seu entroido a fin de semana anterior.O día 6 de febreiro celebrará a súa tradicional cea de entroido.

Programa Entroido Campaño