E.C.Casas adxudicataria do contrato de mantemento e reparación das vías urbanas

77

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación á empresa E.C.Casas do contrato de reparación e mantemento das vías públicas urbanas municipais por valor de 242.000 euros ao ano. É un contrato que terá unha duración de 2 anos, máis a posibilidade dunha prórroga dun ano máis. O obxectivo é executar pequenas obras de reparación e mantemento das vías públicas municipais para resolver fochancas, reparacións de beirarrúas…

A esta oferta presentáronse varias empresas pero a mesa de contratación estimou que a oferta máis beneficiosa para o Concello era a de Casas. Presentáronse a esta contratación: Covsa, Taboada e Ramos, Ediserpo, Narón, Elsamex, Acevi, Montajes Iglesias entre outras.

Segundo explicou o portavoz do Goberno, na segunda posición quedaron empatadas as empresas: Covsa, Acevi, Montajes Iglesias e Elsamex. Quedaron excluídas por baixa temeraria Ediserpo e Narón.