O Concello baixa até 41 días o período medio de pago a proveedores

68

Comezan a baixar os prazos do período medio de pago a proveedores do Concello de Pontevedra. No cuarto trimestre do ano o prazo medio foi de 41,6 días dende que entra a factura no Rexistro Municipal até o cobro. É dicir, 18 días menos que o que esixe á lei: 60 días, e dez menos que no anterior período cando o período medio foi de 51 días.

Hai que lembrar que houbo dúas circunstancias que fixeron que se incrementase o período medio de pago: a máis importante foi a entrada en funcionamento a primeiros do ano 2015 da factura electrónica que ralentizou tanto a entrada como a confirmación das facturas tanto por parte da administración como do proveedor. E tamén polo cambio por parte do Ministerio de Hacienda, no procedemento de supervisión do período de pago.

No último trimestre de 2015 o Concello fixo pagos por valor de 9.746.000 euros, correspondentes a 3.346 facturas.

O respecto dos organismos autónomos:

O IMD pagou 87 facturas e o seu período medio de pago é de 16,17 días; e o Pazo da Cultura pagou 169 facturas e o seu período medio de pago é de 15,11 días.