O Concello reforza a iluminación dos pasos de peóns en toda beiramar

74

O Concello de Pontevedra inicia nestes días a instalación de nova iluminación na avenida de beiramar para incrementar a seguranza dos peóns.

Cabe lembrar que hai poucos meses o Concello retirou a maior parte dos semáforos de peóns de beiramar ao considerar que a instalación de pasos sobreelevados xa era medida suficiente para que os peóns puidesen atravesar a rúa con seguridade.

Este proxecto complétase agora coa instalación de 17 novas luminarias en cada paso de peón para eliminar riscos ao atravesar polas noites ou en condicións meteorolóxicas adversas que fan que os condutores non teñan boa visibilidade da vía.

Instalaranse 17 novas luminarias entre a Ponte dos Tirantes e as Corbaceiras, en cada paso de peón existente na vía. O orzamento adxudicado á empresa Setga é de 47.699,47 euros.