Continúa a limpeza xeral na praza 
de Barcelos cara San Antoniño

60

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa coas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será dende a rúa Rouco até a intersección con Santo Antoniño, incluído o Campo da Feira.

A limpeza xeral será mañá, 4 de febreiro, e dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición será efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.