Reunión organizativa do Campionato 
de España Junior de Loita na cidade

58

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro mantivo esta semana unha reunión con representantes das federacións española e galega de Loitas Olímpicas e o Club de Loita Pontevedra para coordinar a organización do Campionato de España Junior e Escolar que se celebrará na cidade os vindeiros 1 e 2 de abril.

Nesta reunión ten unha previsión de asistencia de 500 deportistas e clubs dunhas 18 vilas de todo o Estado.

Os asistentes emprazáronse para outra reunión para seguir avanzando na organización do campionato e das actividades complementarias.