A Comisión de Réxime Interior acorda publicar os bens dos concelleiros

78

A Comisión de Réxime Interior, Participación, Persoal e Xustiza aprobou esta mañá por unanimidade, nunha sesión extraordinaria, a modificación do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións (ROP) para posibilitar a publicación das declaracións de intereses dos membros da Corporación. Segundo explicou o presidente da Comisión ao seu remate, Vicente García Legísima, tamén se aprobou o modelo de formulario para facer público esas declaracións.

Segundo manifestou o presidente, a Comisión acordou que antes do vindeiro xoves, ás 14.00 horas, os concelleiros poderán entregar na Secretaría do Pleno as declaracións para que se fagan públicas no web municipal ao día seguinte da entrega, ou tan pronto como poidan os servizos.

Unha vez que esta modificación do ROP sexa aprobada polo pleno municipal do mes de febreiro, estas declaracións serán publicadas obrigatoriamente.