Grazas! ás familias das represaliadas por gardar e compartir a Memoria

61

“Grazas por deixarnos entrar nas vosas vidas, nas vosas familias”. Con estas palabras o concelleiro Luís Bará, impulsor do proxecto A Memoria das mulleres, agradeceu en nome do Concello ás familias das represaliadas e resistentes a colaboración prestada na reconstrución de parte da historia oculta e silenciada de tantas e tantas pontevedresas e pontevedreses, da memoria oral de todas e todos.

O Pazo de Mugartegui acolleu un sinxelo acto de agradecemento no que membros de dezaseis familias que sufriron o asasinato e a represión directa dos seus no franquismo recibiron un agasallo: o libro Do gris ao violeta, a gravación da homenaxe aos represaliados do Teatro Principal do pasado 27 de novembro e unha publicación-resume.

O alcalde Miguel Fernández Lores tivo tamén palabras de recoñecemento e respecto ás familias e subliñou que á recuperación da Memoria histórica é unha obriga ética e un compromiso político.

Ás familias recolleron o agasallo das mans do alcalde e máis dos concelleiros Luís Bará e Carmen Fouces (BNG), Paloma Castro (PsdeG-PSOE), Carmen Moreira (Marea) e María Rey (Ciudadanos).

Até o Pazo de Mugartegui achegáronse familiares de Amalia Álvarez, Amalia Bahamonde, Asunción Vilas, Aurora Poza, Encarna Silva, Estrella Portela, Ernestina Otero, Isolina Villaverde, Josefa Vázquez, Josefina Arruti, Lali Carro e Amalia Sobral, Lola Lois e Ramiro Paz, Maruja Vázquez e Nieves Adrio e Rita Sobrido