Juan Saavedra xa ten a mínima para os xogos de Río

45

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro recibiron esta mañá ao deportista paralímpico Juan Saavedra que xa dispón da mínima A para participar nos Xogos Paralímpicos de Brasil na modalidade de tiro olímpico, e acaba de ser ouro en carabina tendido a 50 metros na Copa do Mundo celebrada nos Emiratos Árabes.

Juan Saavedra, ademais de recibir os parabéns do alcalde e moitos ánimos para a cita olímpica deste ano, explicou que o seu obxectivo é conseguir o ouro olímpico e recoñeceu ter opcións en carabina 50 metros tendido e carabina 10 metros tendido aire, aínda que tamén competirá en carabina 10 metros de pé.

“Estou traballando dende o día seguinte de Londres -onde acadou a prata olímpica- por iso creo que teño posibilidades reais”, indicou Juan Saavedra.